30/1/13

30 de xaneiro. Día Escolar da Paz

No vídeo seguinte quedan reflexadas as actividades deste día tan especial.

Pegatina para o Día da Paz

Presentáronse moitos traballos para o concurso de debuxo e lema para pegatina da PAZ .

Os gañadores foron:
  • Debuxo, Juan Liz Guerreiro de 1º curso
  • Lema ou frase, Lidia Oviedo Cotelo de 5º curso.
Cada un recibirá un Diploma de recordo polo ser traballo ben feito. Noraboa!!!

29/1/13

Traballo dos alumnos de 6º curso

Os alumnos e alumnas de 6º curso, na clase de Plástica da profesora Eva, fixeron un libro cunha receta moi especial para A PAZ:

Formación de usuarios na Bibliosoños

Nos días previos á conmemoración do Día da Paz os diferentes ciclos de Infantil e Primaria foron pasando pola Bibliosoños para visualizar e traballar nos diferentes blogs e páxinas de recursos que temos dentro do blog da Bibliosoños.


27/1/13

Mensaxes nunha botella





O sábado, 26 de xaneiro de 2013, fixemos entrega das dúas botellas que navegarán polos mares e que levan as nosas mensaxes de Paz.
Esta actividade foi noticia na prensa: 

Clica nas imaxes:


 


25/1/13

Navegamos pola PAZ

As nosas barcas van navegando en busca da PAZ 

 

21/1/13

Imos aprendendo as cancións para este día




Traballos en Infantil

Os alumnos e alumnas de Infantil xa están a preparar os murais e traballos sobre A PAZ 

14/1/13

CONCURSO




Para participar no concurso debes:
Facer un debuxo relacionado coa PAZ, intenta facer algo ORIXINAL, BONITO, DIVERTIDO...
e que conteña unha frase CURTA na que defendas o USO DA PAZ E DA NON VIOLENCIA!!!
ANÍMATE!!!
PARTICIPA!!!
Os premiados verán os seus debuxos feitos pegatinas...
VEÑA CABEZAS PENSANTES!!!  

13/1/13

Actividades para o Día da Paz

Na seguinte presentación podemos ver o programa de actividades para conmemorar este día tan especial.