31/1/14

E chegou o gran día!

VÍDEO DE FOTOS NA BIBLIOSOÑOS E NO XIMNASIO


VÍDEOS DAS CANCIÓNS E DANZAS
 
SOLTA DE POMBAS

29/1/14

Mural colectivo

Este é o mural que fixemos entre todos os cursos, simboliza o 
ARCO DA VELLA 
e quedounos así de bonito!!!

24/1/14

Pegatina para o DÍA DA PAZ

O xoves, 23 de xaneiro, rematou o prazo de presentación de traballos (debuxos e lema) para o concurso da pegatina que todos os anos facemos para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia".
Houbo moita participación e a elección foi moi difícil. Despois dunha dura deliberación a elexida foi a de Daniela Escudeiro, alumna de 2º curso. NORABOA!!!
Con todos os traballos fixemos unha exposición na entrada do colexio.


22/1/14

Poesía para a PAZ

Na seguinte presentación podemos ver e ler algunhas das poesías máis fermosas que nos falan da PAZ E NON VIOLENCIA.

21/1/14

Traballo especial na Bibliosoños

Os alumnos e alumnas de 6º curso cantan e bailan a canción elexida para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia": SIYAHAMBA.

Novas páxinas de recursos

Para traballar nas aulas "A PAZ" elaboramos as nosas propias páxinas de recursos para poder acceder dun xeito máis sinxelo á información que precisamos.
Este curso engadimos unha páxina especial a NELSON MANDELA, e tamén a páxinas das "nosas cancións 2014"

18/1/14

Vídeo conmemorativo

Dende a Bibliosoños elaboramos este pequeno vídeo conmemorativo para o Día da Paz e Non Violencia, esperamos que vos guste



17/1/14

Actividades programadas para celebrar o Día da Paz

Xa estamos moi animados preparando as actividades para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia", que celebraremos todos xuntos o xoves, 30 de xaneiro.




·       Concurso de lema e dubuxo para pegatina conmemorativa.
·       Mural colectivo…”ARCO DA VELLA”
·       Formación de usuarios na Biblioteca
·       Elaboración dun vídeo conmemorativo
·       Cancións e bailes:
               

·       “Unha cura de amor”

·       “SIYAHAMBA”

·       Danza popular inglesa. “Spedd the plough”
   SOLTA DE POMBAS

Tamén vos deixamos as bases para a elaboración da pegatina



Para participar no concurso debes:

·       Facer un debuxo relacionado coa PAZ, intenta facer algo ORIXINAL, BONITO, DIVERTIDO...

·         LEMA (Frase curta) na que defendas o USO DA PAZ E DA NON VIOLENCIA!!!


ANÍMATE!!!

PARTICIPA!!!
O prazo de presentación remata o xoves, 23 de xaneiro.

Os premiados verán os seus debuxos feitos pegatinas...


ÁNIMO, CABEZAS PENSANTES!!!  

16/1/14

Preparando o Día da Paz

Comezamos o 2º trimestre preparando a vindeira celebración do 30 de xaneiro: O DÍA DA PAZ.