30/1/17

Celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia


Hoxe celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz; a iniciativa xurdiu da iniciativa do  Inspector de Ensino Lorenzo Vidal, no ano 1964
No noso colexio levamos a cabo unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar ao alumnado polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o Amor é mellor que o odio, a Non-Violencia mellor que a violencia e a Paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).


Foron moitas e variadas as actividades que levamos a cabo na semana pasada para traballar os valores que emanan deste día:

  • Concurso de adhesivo (pegatina) con debuxo e lema para conmemorar esta data.
o   As gañadoras foron Tania López de 4º de primaria e Julio Otero de 5º de infantil.

  • Murais conmemorativos, letras pola paz…
·         Hoxe cantamos as cancións que preparamos:
o   Unha cura de amor (infantil e 1º e 2º curso)
o   Vois sur ton chemin (Da película Los chicos del coro). Toda a primaria
o   O teu inimigo (Canción traducida ao galego de Pablo López) con coreografía incluída.

  •  A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS todos xuntos no patio do colexio. 


27/1/17

Ambientamos o colexio

Para conmemorar o Día Escolar da Paz e Non Violencia todos os anos facemos murais e traballos para ambientar o noso colexio.


No seguinte vídeo podemos velos.

Xa temos gañadoras do concurso do ADHEXIVO POLA PAZ

Noraboa a todas e todos os participantes, fixéchedes uns traballos moi orixinais e bonitos! 
Nesta ocasión foron dúas nenas as gañadoras: 
  •  Julia Otero, de 5º Infantil, polo seu debuxo. 
  • Antía López, de 4º Primaria, polo seu lema:   
"O amor é o primeiro paso para un longo camiño 
de paz"

25/1/17

Letras pola PAZ

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo moi especial:
  • Con ceras de moitas cores que pegaron formando a letra inicial do seu nome.
  • Ademais escribiron unha palabra con esa inicial asociada á PAZ.
  • A continuación podemos ver o vídeo de todo o proceso

23/1/17

Traballos do alumnado para o concurso do adhesivo

Participaron todos os nenos e nenas do colexio no VII Concurso para o Adhesivo Conmemorativo,
na seguinte presentación podemos ver todos os debuxos e lemas.
Agora estamos á espera de saber quen foi o gañador ou gañadora, pero temos que felicitar a todo o alumnado polo traballo realizado: uns debuxos moi orixinais e ben acabados, vai ser moi difícil decidir cal será o que se converta en adhesivo.
Noraboa a todos e a todas!!!



18/1/17

Cancións conmemorativas da PAZ 2017

Este ano preparamos 3 cancións:
  • Infantil, 1º e 2º curso cantarán "Unha cura de amor"
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: "Vois sur ton chemin"
  • Todos os nenos e nenas de Primaria farán unha coreografía coa canción "O teu inimigo" de Pablo López.
  • No seguinte vídeo os alumnos e alumnas de 6º curso preparan as cancións.

Adhesivo conmemorativo


8/1/17

Cancións para o Día da Paz 2017

Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.

https://sites.google.com/site/recursosparaodiadapaz/cancions-para-a-paz-no-colexio/as-nosas-cancions-para-a-paz-2017